Actividades
10 a 11 anos

TIRALIÑAS

Sitúa estes animais no seu grupo

Recorda as descripcións dos grupos de animais e intenta relacionar cada animal co seu grupo indicando o número correspondente.

Indica no recadro verde o número correspondente

Nécora1.Molusco
Polbo2.Equinodermo
Estrelamar3.Peixe azul
Bonito4.Peixe branco
Rapante5.Crustáceo

SABÍAS QUE?

Algúns galegos en problemas

Sabías que en Galicia tamén hai especies que teñen problemas debido ás actividades humanas? E está en risco a súa conservación:.

Podedes buscar máis información interesante en Internet sobre os problemas que teñen e facer un traballo na clase.

A Toniña

(Phocoena phocoena): Mamífero mariño de pequeno tamaño que habita preto da costa.

Arao dos cons

(Uria aalge): E unha ave mariña parecida a un pingüín, que antes tiñamos nos nosos cantís e que actualmente só vén de visita a Galicia.

O Corno

(Charonia lampas): É un caracol mariño de gran tamaño que sofre pola sobrepesca e a contaminación.

A Camariña

(Corema album): É unha planta das dunas e actualmente só a atopamos nalgunhas áreas protexidas.

Unidade Didáctica
10 a 11 anos

Dende o seguinte enlace podes descargar a unidade didáctica completa en formato PDF