Actividades
14 a 15 anos

TEST

Escolle a opción correcta

Propóñense varias afirmacións e hai que escoller a correcta.

Marca a casilla correspondente (Poñerase verde se é correcta e vermella se é incorrecta).




COCIÑA

A COCIÑAR

RECEITA DE HAMBURGUESA DE ATÚN

Ingredientes:

  • 3 latas de atún en aceite de oliva
  • ½ cunca de pan relado
  • 1 ovo
  • 1 culler (sopeira) de perexil picado
  • 1 dente de allo picado
  • ½ cebola pequena relada
  • ½ cenoria relada moi fina
  • Aceite
  • Sal e pementa ao gusto

Preparación:

  • Escorrer ben o atún do aceite e esmiuzalo cos dedos nun bol.
  • Engadir o allo picado, o perexil, a cenoria e a cebola relada.
  • Agregar o ovo, o sal e a pementa, e triturar todo cun garfo, para mesturalo moi ben.
  • Engadir o pan relado e amasar coas mans ata que a mestura estea compacta e nos permita moldeala.
  • Darlle forma ás hamburguesas, pasalas polo pan relado e fritilas en aceite quente. Douralas por ambos os lados.
  • Pódense acompañar as hamburguesas con cachelos ou ensalada.

Fonte consultada: Guía infantil

INVESTIGACIÓN

Buscamos máis información dalgúns términos

A continuación propoñemos facer unha busca de información sobre catro grupos de termos relaccionados cos temas anteriores. A actividade consiste en buscar o significado dos seguintes termos en Internet e facer unha pequena explicación para que o resto dos compañeiros entenda o seu significado..

  1. Tectónica de placas / Corrente do Golfo / Rías de Galicia

  2. Rigor mortis do peixe / Rastreabilidade alimentaria / Diferenciación do produto

  3. Rendemento máximo sostible / Obriga de desembarque / Efecto reserva mariña

  4. Valor nutricional do peixe / Efecto invernadoiro / Microesferas de plástico

Unidade Didáctica
14 a 15 anos

Dende o seguinte enlace podes descargar a unidade didáctica completa en formato PDF